Preto da illa nipoa de Nishinoshima, no océano Pacífico, entrou en erupción por primeira vez dende 1974 un volcán submarino, emerxendo unha nova illa.
Na zona da erupción levantouse unha columna de fume de ata 600 metros mentres o volcán chuspía cinza negra. Arredor do volcán formouse un novo terreo cun diámetro de 200 metros.
A illa de Nishinoshima, situada a mil quilómetros ao sur de Tokyo, tamén se formou despois da erupción dun volcán submarino en 1974. A súa lonxitude é de 800 metros e ten unha anchura de 500 metros.
<
No hay comentarios:
Publicar un comentario