DESTINADO AO ALUMNADO DE 1º, 2º, 3º ESO, 2º BAC E A CALQUERA QUE ESTEA INTERESADO NA XEOGRAFÍA
martes, 8 de diciembre de 2015
viernes, 30 de octubre de 2015
jueves, 29 de octubre de 2015
lunes, 28 de septiembre de 2015
miércoles, 15 de abril de 2015
domingo, 22 de marzo de 2015
A MAREA DO SÉCULO
Este fin de semana producirase a primeira marea do século do novo milenio. Para contemplar a próxima haberá que esperar ata o ano 2033.
O fenómeno consiste na elevación do nivel do mar que, en tan só seis horas, o nivel entre a preamar e a baixamar, a marea alta e a marea baixa, alcanzará os 14,50 metros de altura, o equivalente a un edificio de catro plantas.
En Europa, deixarase sentir sobre todo na costa da rexión francesa da baixa Normandía e, máis concretamente, na baía de Saint Michel.
Para que haxa unha marea do século, débense de producir, o máis próximos posibles no tempo, catro fenómenos:
- Ten que haber lúa nova ou lúa chea, xa que as mareas máis elevadas rexístranse entre 36 e 48 horas despois da lúa nova ou chea.
- Tamén é necesario ter un equinoccio, é dicir, que a noite e o día teñan exactamente a mesma duración.
- Ademais, é preciso que a lúa se encontre na súa órbita arredor da Terra o máis preto posible desta, condición que tamén se dá.
- E por último, que o Sol estea o máis próximo posible á Terra: perixeo solar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)