sábado, 23 de noviembre de 2013

CONFERENCIA DO CLIMA DE VARSOVIA 2013

Enténdese como "cambio climático" un cambio nas condicións climáticas atribuído directa ou indirectamente á actividade humana, que altera a composición da atmosfera mundial e que se suma á variabilidade natural do clima observada durante períodos de tempo comparables. Hai novas e fortes evidencias de que a maior parte do quentamento observado durante os últimos 50 anos é atribuíble ás actividades humanas. De feito, a maior parte do quentamento é debido ao aumento nas concentracións de gases de efecto invernadoiro (GEI), principalmente ao CO2, procedente da queima de combustibles fósiles como carbón, petróleo e gas.
Os efectos do quentamento do sistema climático global, é dicir, o cambio climático, xa se aprecian en numerosos puntos do planeta Terra. Entre os principais encóntranse:

- O incremento da temperatura media da superficie terrestre ao largo do século XX en 0,6 ºC. As previsións menos extremistas afirman que durante o século XXI a temperatura media global aumentará entre 1 e 5º C.
- O nivel do mar subirá entre 9 e 90 cm durante o século XXI debido á fusión dos xeos.
- A intensificación das secas no S de Europa, o que provocará unha importante diminución das reservas hídricas.
- A intensificación dos procesos de erosión e salinización das franxas costeiras.
- Os fenómenos meteorolóxicos extremos (ciclóns tropicais, furacáns, tifóns, etc.) aumentarán a súa frecuencia e intensidade.
- A capacidade produtiva agrícola verase moi reducida en amplas rexións de Asia e o continente africano.
- Numerosas especies, animais e vexetais, tenderán a desprazarse cara a latitudes cada vez máis frías en busca dos climas aos que están habituados. Aquelas que non sexan capaces de adaptarse ou desprazarse, extinguiranse. Todo iso repercutirá sobre a forma de vida rural, o turismo e os recursos xenéticos.

Para intentar reducir os impactos do cambio climático hai que:

- estabilizar e reducir os niveis de emisións de CO2, cambiar os investimentos en enerxía, o sector crucial, e apostar polas denominadas enerxías renovables.
- incrementar a superficie boscosa evitando a deforestación e aumentando as repoboacións.
- tomar medidas de adaptación que tendan a minimizar no posible os efectos do cambio climáticos nos ecosistemas máis fráxiles e nos sectores económicos máis vulnerables

A principal ferramenta existente para loitar e mitigar os efectos do cambio climático é o Protocolo de Kioto, un acordo asinado por un total de 36 países que se comprometeron a reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro. Cada certo tempo teñen lugar reunións entre paíse para paliar ou mitigar este problema.
Neste mes de novembro tivo lugar a Conferencia sobre Cambio Climático na cidade de Varsoviaonde os gobernos que participaron acordaron reducir as emisións de gas de efecto invernadoiro resultantes da deforestación.

martes, 12 de noviembre de 2013

AS FORMAS DA TERRA


Preto da illa nipoa de Nishinoshima, no océano Pacífico, entrou en erupción por primeira vez dende 1974 un volcán submarino, emerxendo unha nova illa. Na zona da erupción levantouse unha columna de fume de ata 600 metros mentres o volcán chuspía cinza negra. Arredor do volcán formouse un novo terreo cun diámetro de 200 metros. A illa de Nishinoshima, situada a mil quilómetros ao sur de Tokyo, tamén se formou despois da erupción dun volcán submarino en 1974. A súa lonxitude é de 800 metros e ten unha anchura de 500 metros. <

sábado, 9 de noviembre de 2013

A FORZA DESTRUTIVA DA NATUREZA: O TIFÓN HAIYAN

Os conceptos de tormenta tropical, ciclón, Huracán e Tifón, aínda que diferentes, describen o mesmo tipo de desastre. En esencia refírense a grandes sistemas pechados de circulación de aire na atmosfera, nos que se combinan baixas presións e fortes ventos que rotan no sentido oposto das agullas do reloxo no hemisferio norte e no sentido das agullas do reloxo no hemisferio sur. O sistema adquire máis forza coa calor liberada ao ascender o aire húmido e condensarse o vapor de auga que contén (sistema de tormenta "de núcleo cálido"). Para iso, a temperatura da auga debe ser superior a 27º C. 
Estes sistemas denomínanse "ciclón" no Océano Índico e o Océano Pacífico sur, "furacán" no Océano Atlántico occidental e o Océano Pacífico oriental, e "tifón" no Océano Pacífico occidental. 
Os ciclóns, furacáns e tifóns poden predicirse con varios días de antelación. Os seus efectos son con frecuencia moi destrutivos. Primeiro, nunha arremetida repentina e breve, os fortes ventos causan danos importantes nas infraestruturas e as vivendas, en particular nas construcións menos sólidas. Posteriormente, adoitan producirse fortes chuvias e inundacións.

ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES