sábado, 7 de diciembre de 2013

UNIÓN EUROPEA

A Unión Europea é unha institución supranacional xurdida como unha evolución da Comunidade Económica Europea que naceu polo Tratado de Roma en 1957 e entrou en vigor en 1958. 
Os seus primeiros pasos consistiron en impulsar a cooperación económica coa idea de que, a medida que aumentase a interdependencia económica dos países que comerciaban entre si, diminuirían as posibilidades de conflito entre eles. En principio supoñía intensificar a cooperación económica entre seis países: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e o Países Baixos. 
Polo Tratado de Maastricht, ou Tratado da Unión Europea,  asinado polos doce membros das Comunidades Europeas en 1992 a CEE cambiou de nome, e da unión económica pasouse a fomentar a unión política.
Na actualidade engloba a 28 países europeos que abranguen xuntos gran parte do continente.



3 comentarios: