martes, 12 de noviembre de 2013

AS FORMAS DA TERRA


Preto da illa nipoa de Nishinoshima, no océano Pacífico, entrou en erupción por primeira vez dende 1974 un volcán submarino, emerxendo unha nova illa. Na zona da erupción levantouse unha columna de fume de ata 600 metros mentres o volcán chuspía cinza negra. Arredor do volcán formouse un novo terreo cun diámetro de 200 metros. A illa de Nishinoshima, situada a mil quilómetros ao sur de Tokyo, tamén se formou despois da erupción dun volcán submarino en 1974. A súa lonxitude é de 800 metros e ten unha anchura de 500 metros. <

sábado, 9 de noviembre de 2013

A FORZA DESTRUTIVA DA NATUREZA: O TIFÓN HAIYAN

Os conceptos de tormenta tropical, ciclón, Huracán e Tifón, aínda que diferentes, describen o mesmo tipo de desastre. En esencia refírense a grandes sistemas pechados de circulación de aire na atmosfera, nos que se combinan baixas presións e fortes ventos que rotan no sentido oposto das agullas do reloxo no hemisferio norte e no sentido das agullas do reloxo no hemisferio sur. O sistema adquire máis forza coa calor liberada ao ascender o aire húmido e condensarse o vapor de auga que contén (sistema de tormenta "de núcleo cálido"). Para iso, a temperatura da auga debe ser superior a 27º C. 
Estes sistemas denomínanse "ciclón" no Océano Índico e o Océano Pacífico sur, "furacán" no Océano Atlántico occidental e o Océano Pacífico oriental, e "tifón" no Océano Pacífico occidental. 
Os ciclóns, furacáns e tifóns poden predicirse con varios días de antelación. Os seus efectos son con frecuencia moi destrutivos. Primeiro, nunha arremetida repentina e breve, os fortes ventos causan danos importantes nas infraestruturas e as vivendas, en particular nas construcións menos sólidas. Posteriormente, adoitan producirse fortes chuvias e inundacións.

ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES

martes, 8 de marzo de 2011

A ACTIVIDADE ECONÓMICA


Conceptos: Actividade económica, economía, sectores económicos, beneficio, ben, servizo, inflación, mercado, produción, produtividade, PIB, imposto, factores produtivos, economía somerxida, economía de subsistencia, sistema comunista, sistema capitalista.

jueves, 3 de febrero de 2011

A POBOACION DA UE, ESPAÑA, GALICIA E A FONSAGRADA

Para coñecer os rasgos máis salientables da poboación dos lugares mencionados propóñoche este traballo de investigación a través da resolución dunha webquest. Seguro que algunha das conclusións que obteñas non deixarán de sorprenderte. Non te esquezas que todo o que aprendiche no tema anterior (taxas, pirámides de poboación, etc.) é de aplicación nesta tarefa. Fai clik sobre esta gráfica e comeza a investigar.