viernes, 3 de enero de 2014

CEN ANOS DA CANLE DE PANAMÁ: 1914-2014

A Canle de Panamá, despois da de Suez, é a máis importante do mundo. A súa excavación iniciouse en 1881 e estivo a cargo dunha compañía privada francesa dirixida polo constructor belga Ferdinand De Lesseps, director dos traballos da canle de Suez. O capital privado, nesta ocasión, fracasou no seu empeño, polo que a obra foi reiniciada en 1904 con capital estatal estadounidense, o cal permitiu concluíla en 1914. O proxecto inicial de canle a nivel, con todo, foi substituído finalmente polo dunha vía con esclusas. A ruta francesa seguía o trazado dunha vía férrea interoceánica construída entre 1850 e 1855, financiada con capital estadounidense. Anteriormente, nos séculos XVI, XVII e XVIII, funcionaron na mesma rexión rutas españolas de caracter fluvial e terrestre como o Camiño de Cruces.
A Canle de Panamá posúe 81.6 km de longo, 12.2 m de profundidade mínima e un trazo de rumbo NO-SE. Cumpre a función de unir o Mar Caribe co Océano Pacífico, e o seu deseño e funcionamento están adaptados ás estruturas e ós procesos naturais da cuenca do río Chagres
Antes da súa apertura, o paso natural utilizado era o Cabo de Hornos, situado no extremo austral de Chile.
Na páxina web oficial da Autoridade da Canle de Panamá podedes atopar información moi exhaustiva sobre a mesma.