domingo, 14 de febrero de 2021

OS PROBLEMAS DA PESCA EN ESPAÑA


Nos últimos 20 anos o sector pesqueiro español abordou un proceso de modernización e profesionalización, tanto desde o punto de vista económico, como ambiental e social, que o converteu nun referente mundial polas súas boas prácticas e o seu compromiso coa sustentabilidade. Con todo, diversas circunstancias, tales como unha Política Pesqueira Común (PPC) cada vez máis restritiva, así como outras normativas en materia laboral, fiscal, ambiental, de seguridade alimentaria, etc., que emanan da Unión Europea, fan que o sector siga tendo que axustarse para evitar a perda de competitividade e manter a España como o a principal potencia pesqueira da UE. A escaseza de tripulantes é, hoxe en día, o problema máis grave ao que se enfronta a frota pesqueira española. Se non se atopan solucións a curto e medio prazo, haberá moitos barcos que terán que amarrar. No xornal La Voz de Galicia aparece un interesante artigo sobre o problema da falta de mariñeiros.
No entanto, todos os anos, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publica un informe sobre a situación da frota pesqueira española no que constata que aínda que o número de buques diminúe ano tras ano, o volume de capturas non segue esta mesma evolución.