viernes, 24 de diciembre de 2010

COMENTARIO DUNHA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN

Unha pirámide de poboación consiste nunha representación gráfica que amosa a distribución por sexo e idade da poboación dun lugar nun momento determinado. Na presentación que aparece a continuación podedes ver como se fai un comentario da mesma.

sábado, 13 de noviembre de 2010

lunes, 1 de noviembre de 2010

CHINA CONTA A SÚA POBOACIÓN

China, o país máis poboado do mundo, comezará este luns o seu sexto censo nacional.
Durante os próximos 10 días uns seis millóns de funcionarios, 100.000 en Pekín, visitarán máis de 400 millóns de fogares.
As autoridades teñen entre os seus obxectivos aclarar a cifra de traballadores inmigrantes que, segundo certas estimacións, é de máis de 200 millóns. Tamén se espera coñecer con precisión o número de nenos, distorsionado polos intentos de moitos chineses de burlar os controis de natalidade, entre eles a
política do fillo único.
O último
censo foi realizado hai 10 anos e botou unha cifra de case 1.300 millóns de habitantes.

martes, 5 de octubre de 2010

PARALELOS E MERIDIANOS


Denomínase paralelo ao círculo formado pola intersección da esfera terrestre cun plano imaxinario perpendicular ao eixe de rotación da Terra. Sobre os paralelos, e a partir do meridiano que se toma como orixe, o meridiano de Greenwich, mídese a lonxitude (arco de circunferencia expresado en graos sesaxesimais), que poderá ser Leste ou Oeste, en función do sentido de medida desta.

A diferenza dos meridianos, os paralelos non son circunferencias máximas pois, salvo o ecuador, non conteñen o centro da Terra. O ángulo formado por un meridiano e a liña ecuatorial denomínase latitude, a cal se discrimina en Latitude Norte e Latitude Sur segundo o Hemisferio. Xunto cos meridianos, forman o sistema de coordenadas xeográficas baseado en latitude e lonxitude.