sábado, 9 de noviembre de 2013

A FORZA DESTRUTIVA DA NATUREZA: O TIFÓN HAIYAN

Os conceptos de tormenta tropical, ciclón, Huracán e Tifón, aínda que diferentes, describen o mesmo tipo de desastre. En esencia refírense a grandes sistemas pechados de circulación de aire na atmosfera, nos que se combinan baixas presións e fortes ventos que rotan no sentido oposto das agullas do reloxo no hemisferio norte e no sentido das agullas do reloxo no hemisferio sur. O sistema adquire máis forza coa calor liberada ao ascender o aire húmido e condensarse o vapor de auga que contén (sistema de tormenta "de núcleo cálido"). Para iso, a temperatura da auga debe ser superior a 27º C. 
Estes sistemas denomínanse "ciclón" no Océano Índico e o Océano Pacífico sur, "furacán" no Océano Atlántico occidental e o Océano Pacífico oriental, e "tifón" no Océano Pacífico occidental. 
Os ciclóns, furacáns e tifóns poden predicirse con varios días de antelación. Os seus efectos son con frecuencia moi destrutivos. Primeiro, nunha arremetida repentina e breve, os fortes ventos causan danos importantes nas infraestruturas e as vivendas, en particular nas construcións menos sólidas. Posteriormente, adoitan producirse fortes chuvias e inundacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario