DESTINADO AO ALUMNADO DE 1º, 2º, 3º ESO, 2º BAC E A CALQUERA QUE ESTEA INTERESADO NA XEOGRAFÍA
jueves, 28 de noviembre de 2013
sábado, 23 de noviembre de 2013
CONFERENCIA DO CLIMA DE VARSOVIA 2013

Os efectos do quentamento do sistema climático global, é dicir, o cambio climático, xa se aprecian en numerosos puntos do planeta Terra. Entre os principais encóntranse:
- O incremento da temperatura media da superficie terrestre ao largo do século XX en 0,6 ºC. As previsións menos extremistas afirman que durante o século XXI a temperatura media global aumentará entre 1 e 5º C.
- O nivel do mar subirá entre 9 e 90 cm durante o século XXI debido á fusión dos xeos.

- A intensificación das secas no S de Europa, o que provocará unha importante diminución das reservas hídricas.
- A intensificación dos procesos de erosión e salinización das franxas costeiras.
- Os fenómenos meteorolóxicos extremos (ciclóns tropicais, furacáns, tifóns, etc.) aumentarán a súa frecuencia e intensidade.
- A capacidade produtiva agrícola verase moi reducida en amplas rexións de Asia e o continente africano.
- Numerosas especies, animais e vexetais, tenderán a desprazarse cara a latitudes cada vez máis frías en busca dos climas aos que están habituados. Aquelas que non sexan capaces de adaptarse ou desprazarse, extinguiranse. Todo iso repercutirá sobre a forma de vida rural, o turismo e os recursos xenéticos.

Para intentar reducir os impactos do cambio climático hai que:
- estabilizar e reducir os niveis de emisións de CO2, cambiar os investimentos en enerxía, o sector crucial, e apostar polas denominadas enerxías renovables.
- incrementar a superficie boscosa evitando a deforestación e aumentando as repoboacións.
- tomar medidas de adaptación que tendan a minimizar no posible os efectos do cambio climáticos nos ecosistemas máis fráxiles e nos sectores económicos máis vulnerables

A principal ferramenta existente para loitar e mitigar os efectos do cambio climático é o Protocolo de Kioto, un acordo asinado por un total de 36 países que se comprometeron a reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro. Cada certo tempo teñen lugar reunións entre paíse para paliar ou mitigar este problema.
Neste mes de novembro tivo lugar a Conferencia sobre Cambio Climático na cidade de Varsovia, onde os gobernos que participaron acordaron reducir as emisións de gas de efecto invernadoiro resultantes da deforestación.
martes, 12 de noviembre de 2013
AS FORMAS DA TERRA
Preto da illa nipoa de Nishinoshima, no océano Pacífico, entrou en erupción por primeira vez dende 1974 un volcán submarino, emerxendo unha nova illa.
Na zona da erupción levantouse unha columna de fume de ata 600 metros mentres o volcán chuspía cinza negra. Arredor do volcán formouse un novo terreo cun diámetro de 200 metros.
A illa de Nishinoshima, situada a mil quilómetros ao sur de Tokyo, tamén se formou despois da erupción dun volcán submarino en 1974. A súa lonxitude é de 800 metros e ten unha anchura de 500 metros.
<
sábado, 9 de noviembre de 2013
A FORZA DESTRUTIVA DA NATUREZA: O TIFÓN HAIYAN

Estes sistemas denomínanse "ciclón" no Océano Índico e o Océano Pacífico sur, "furacán" no Océano Atlántico occidental e o Océano Pacífico oriental, e "tifón" no Océano Pacífico occidental.
Os ciclóns, furacáns e tifóns poden predicirse con varios días de antelación. Os seus efectos son con frecuencia moi destrutivos.
Primeiro, nunha arremetida repentina e breve, os fortes ventos causan danos importantes nas infraestruturas e as vivendas, en particular nas construcións menos sólidas. Posteriormente, adoitan producirse fortes chuvias e inundacións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)