domingo, 14 de febrero de 2021

OS PROBLEMAS DA PESCA EN ESPAÑA


Nos últimos 20 anos o sector pesqueiro español abordou un proceso de modernización e profesionalización, tanto desde o punto de vista económico, como ambiental e social, que o converteu nun referente mundial polas súas boas prácticas e o seu compromiso coa sustentabilidade. Con todo, diversas circunstancias, tales como unha Política Pesqueira Común (PPC) cada vez máis restritiva, así como outras normativas en materia laboral, fiscal, ambiental, de seguridade alimentaria, etc., que emanan da Unión Europea, fan que o sector siga tendo que axustarse para evitar a perda de competitividade e manter a España como o a principal potencia pesqueira da UE. A escaseza de tripulantes é, hoxe en día, o problema máis grave ao que se enfronta a frota pesqueira española. Se non se atopan solucións a curto e medio prazo, haberá moitos barcos que terán que amarrar. No xornal La Voz de Galicia aparece un interesante artigo sobre o problema da falta de mariñeiros.
No entanto, todos os anos, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publica un informe sobre a situación da frota pesqueira española no que constata que aínda que o número de buques diminúe ano tras ano, o volume de capturas non segue esta mesma evolución.

jueves, 29 de octubre de 2015

domingo, 22 de marzo de 2015

A MAREA DO SÉCULO

Este fin de semana producirase a primeira marea do século do novo milenio. Para contemplar a próxima haberá que esperar ata o ano 2033.
O fenómeno consiste na elevación do nivel do mar que, en tan só seis horas, o nivel entre a preamar e a baixamar, a marea alta e a marea baixa, alcanzará os 14,50 metros de altura, o equivalente a un edificio de catro plantas.
En Europa, deixarase sentir sobre todo na costa da rexión francesa da baixa Normandía e, máis concretamente, na baía de Saint Michel.


Para que haxa unha marea do século, débense de producir, o máis próximos posibles no tempo, catro fenómenos: 
  • Ten que haber lúa nova ou lúa chea, xa que as mareas máis elevadas rexístranse entre 36 e 48 horas despois da lúa nova ou chea. 
  • Tamén é necesario ter un equinoccio, é dicir, que a noite e o día teñan exactamente a mesma duración. 
  • Ademais, é preciso que a lúa se encontre na súa órbita arredor da Terra o máis preto posible desta, condición que tamén se dá. 
  • E por último, que o Sol estea o máis próximo posible á Terra: perixeo solar.